Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caducan os cristais das lentes?

Caducan os cristais das lentes?

O tempo e, sobre todo, o uso poden deteriorar as súas propiedades

Gardalos na funda e lavalos adecuadamente, chaves para o seu coidado

 

 

G24.gal 24/10/2024 13:45

As lentes de contacto teñen unha data de caducidade na caixa. Pero que sucede cos cristais para ver ou para protexerse do sol? Tamén teñen vida limitada?

"Teñen desgaste, pero caducidade non sei".

"Non duran toda a vida, ráianse, sobre todo se traballas na horta".

"A min non me duran, e non porque me cambie a gradación, porque se deterioran".

"Non é igual unha gafa nova a unha con anos, xa as miras e non teñen o mesmo reflexo", responden algúns viandantes.

Segundo os expertos consultados, non son tanto os anos das lentes, como o uso que se faga delas, o que pode deteriorar as súas propiedades. 

"As lentes en si non caducan, pero pódense deteriorar polo tempo e o uso. Se as limpas mal ou caen, podes facerlles rascaduras na superficie. E coas lentes de sol pasa o mesmo, non perden protección ultravioleta polo paso dos anos, pero pódense ir deteriorando", explica o óptico optometrista Alexander Dubra Fernández.

Para alongar a vida dos cristais, sobre todo se son orgánicos, cómpre protexelos coa funda aínda que estean dentro do bolso. Ademais cómpre evitar unha exposición excesiva á calor, limpalos con xabón neutro e secalos con baeta de microfibra.

 "Non se deben usar produtos de limpeza moi potentes, como os lavalouzas, porque poden deteriorar as lentes co tempo. Ademais hai que lavalas con auga fría, porque a calor pode deformalas, igual que se as deixas durante horas no coche en días con moita temperatura", engade o óptico.

E para maior garantía para as lentes e os ollos, o mellor é facer unha revisión periódica, cada seis meses ou un ano no caso dos nenos e cada dous nos adultos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos