Cargando resultados...
Buscan os autores dun roubo á man armada nun banco de Pazos de Borbén
Un deles portaba unha arma branca e o outro unha de lume, que a Benemérita descoñece se era ou non simulada
G24.gal
20/05/2026 10:26
A Garda Civil abriu unha investigación para localizar os autores dun atraco á man armada a unha sucursal bancaria de Pazos de Borbén
O roubo perpetrárono o martes, sobre as dúas da tarde, dous encapuchados, segundo indicaron fontes do instituto armado.
Un deles portaba unha arma branca e o outro unha de fogo, que a Benemérita descoñece se era ou non simulada.
Os atracadores conseguiron levar unha cantidade de diñeiro cuxo montante aínda non se fixo público, e fuxiron nun vehículo que apareceu pouco despois calcinado xunto ás vías de tren en Salceda de Caselas.