Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan a persoa que matou un podengo en Mondariz e o tirou a un colector do lixo

Buscan a persoa que matou un podengo en Mondariz e o tirou a un colector do lixo

O animal apareceu coa femoral seccionada e con diversas picaduras por todo o corpo

G24.gal 10/02/2023 13:15

Aínda quedan restos de sangue no colector onde Solpor acabou moribundo. Malia os esforzos da protectora os Biosbardos e dos veterinarios da clínica onde o levaron tiña tantas feridas que non o puideron salvar.

Era un podengo seguramente que pasou a vida destinado á caza. A protectora pagará a necropsia  nun coñecido hospital veterinario de Lugo para certificar as lesións do can e poder avanzar na investigación.

Os Biosbardos piden colaboración cidadá para localizar á persoa que deixou ás portas da morte o animal dentro do colector. O can puido ser atopado grazas aos seus últimos ouveos de dor que un veciño escoitou, foi el quen alertou os rescatadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade