Bryan Zaragoza ultima a súa marcha do Celta
Xa non entrou na convocatoria para viaxar esta tarde a Xetafe
Claudio Giráldez laiase por non ter un final tranquilo de mercado
Posible destino, a Roma
Cando o celtismo xa se prepara para retomar o pulso da Liga logo do empate europeo ante o Estrela Vermella, sorpresa. Bryan Zaragoza non entra na convocatoria para enfrontarse ao Xetafe e o adestrador, Claudio Giráldez, recoñece que -non o fai- porque "hai un proceso aberto" para a súa saída. Tal proceso "non está pechado", pero Claudio considera que o xogador non está -mentalemente- centrado para este partido. Un bombazo.
A nova prodúcese cando o mercado de nadal está a piques de pechar e xusto cando Bryan Zaragoza está a amosar o seu mellor nivel desde que chegou a Vigo. O equipo que está a negociar para levar a Bryan é a Roma, da Serie A italiana.
Bryan Zaragoza chegou este verán como incorporación estrela do proxecto. Asinou cedido polo Bayern de Munich, cunha elevada claúsula obligatoria de compra no caso de darse determinadas circunstancias clasificatorias. De pechar a súa marcha, o Celta libraríase de tal cláusula e mesmo recibiría cartos agora. Mais a pregunta é... sen Bryan, que é o que perde?