Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas fixa o AVE entre Vigo e O Porto para 2040, dez anos máis tarde que o goberno luso

Bruxelas fixa o AVE entre Vigo e O Porto para 2040, dez anos máis tarde que o goberno luso

A Xunta denuncia a falta de planificación e compromiso por parte do Goberno central con esta infraestrutura

G24.gal 26/02/2023 16:09 Última actualización 26/02/2023 16:43

Bruxelas decidiu hai máis dun ano incluír o tramo do AVE Vigo-O Porto na parte da rede transeuropea que debe estar rematada no horizonte de 2040. A comisaria europea de Transportes considera pouco factible a finalización desta infraestrutura en 2030, como si prevé o Goberno luso.
 

"As afirmacións da comisaria de Transportes da Unión Europea veñen a emendar á totalidade o Goberno de España e referendan as manifestacións da Xunta de que a saída sur de Vigo, a conexión de Vigo co Porto, non estará en 2030 e é consecuencia da falla de orzamentos e de planificación e provoca un atraso desta infraestrutura e elimina toda posibilidade de financiamento europeo", di a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez.
 

E na avaliación que fai a Xunta da reposta da comisaria europea a unha pregunta parlamentaria do grupo popular, Ethel Vázquez pídelle ao Goberno central planificación e recursos.

"Solicitamos ao Goberno de España que mova ficha, que presente unha planificación completa e concreta con orzamentos, porque estamos a falar dunha infraestrutura estratéxica para a eurorrexión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade