Cargando resultados...
Bruxelas aproba o pago de 10.000 millóns do fondo de recuperación a España
O Goberno cumpriu cos obxectivos do seu plan de recuperación vencellados a este pago
Os Estados membros teñen catro semanas para dar o seu visto e prace

G24.gal
03/12/2021 23:11
A Comisión Europea aprobou a solicitude de España para recibir un desembolso de 10.000 millóns de euros do fondo de recuperación Next Generation. Para elo tivo que comprobar que cumpriu os obxectivos do seu plan de recuperación vencellados a este pago.
Os Estados membros da Unión Europea teñen catro semanas para dar o seu visto e prace a esta evaluación preliminar da Comisión. Unha vez quede aprobada, España poderá recibir os cartos, que se sumarán ao anticipo de 9.000 millóns que obtivo no mes de agosto.