Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brasil empata con Colombia e será o rival de Uruguai en cuartos

Brasil empata con Colombia e será o rival de Uruguai en cuartos

A última xornada da fase de grupos da Copa América deixounos o empate entre Brasil e Colombia (1-1) e a configuración das eliminatorias

G24.gal 03/07/2024 07:48

Haberá unha bomba nos cuartos de final. Brasil pasou como a segunda do seu grupo e xogará diante de Uruguai nos cuartos de final da Copa América. Precisaba un triunfo a canarinha e adiantouse cun gol de Raphinha. Pero o tanto de Muñoz antes do descanso (1-1) provocou que mudasen de xeito total os emparellamentos nas roldas decisivas. 

Un trámite era o Costa Rica - Paraguai (2-1) que volveu a demostrar o baixo nivel futbolístico que ten agora mesmo a selección sudamericana. Quesada e Alcócer marcaron para Costa Rica antes do minuto 10 e o gol de Ramón Sosa serviulle de pouco a unha Paraguai que se despide dun xeito moi triste do torneo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade