Publicador de contidos
Publicador de contidos

Brais Méndez apunta á lista de elixidos na selección española

Brais Méndez apunta á lista de elixidos na selección española

O vindeiro venres Luis de la Fuente dará a convocatoria para os partidos decisivos diante de Escocia e Noruega

G24.gal 04/10/2023 15:20

Hai un futbolista galego que asombra na Champions. Brais Méndez. Dous partidos e dous goles. O normal é que volva á selección. A Real Sociedade gañou en Salzburgo cun fútbol de categoría e dominando completamente o partido.

Brais asistiu para Oyarzabal que abriu o marcador. A tarde era de Brais Méndez. Sesenta metros co balón conducido. Unha mostra da confianza que ten o ex xogador do Celta nun momento de forma extraordinario. Marcoulle ao Inter e marcoulle ao Salzburgo. E dá a impresión de que marcará moitos máis.

O vindeiro venres, ás 11:30, o seleccionador español Luis de la Fuente dará a lista para os partidos decisivos de clasificación para a Eurocopa diante de Escocia e de Noruega. Brais Méndez apunta a estar entre os elixidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar