Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez pídelle cariño á afección do Deportivo

Borja Jiménez pídelle cariño á afección do Deportivo

O cadro coruñés volve xogar en Riazor, onde espertou dúbidas no partido contra o Talavera

O rival será o San Fernando (domingo, 19:00 horas)

G24.gal 30/09/2022 20:06

O domingo ás sete da tarde poderemos ver pola nosa segunda canle e por G24.gal o partido que xoga o Deportivo. Os coruñeses reciben o San Fernando en Riazor. Isi Gómez e Trilli son baixas por lesión muscular. Raúl Carnero e Quiles, dúbidas para Borja Jiménez.

O adestrador cre que hai que valorar as cousas positivas do equipo, como a capacidade de remontar ou que están invictos. Cre que o equipo fixo un ante o Talavera o mellor partido a nivel ofensivo e pide que a afección trate os xogadores con "cariño".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade