Cargando resultados...
Borja Iglesias recibe a chamada da selección para substituír a Gerard Moreno
Únese a Aspas e a Joselu nunha dianteira que vai falar o galego

G24.gal
20/03/2023 00:19
Borja Iglesias foi chamado polo seleccionador Luis de la Fuente para substituír o mancado Gerard Moreno. O dianteiro do Vilarreal non pode estar na lista do novo adestrador e o elixido foi o dianteiro santiagués, que este mesmo domingo decidía co seu gol o partido que enfrontou o Betis e o Mallorca.
Iglesias engádese a Aspas e a Joselu como os representantes galegos dentro da lista. Curiosamente os tres comparten posición e formarán na dianteira española.
Non é a primeira convocatoria de Borja Iglesias coa selección absoluta. Xa fora chamado por Luís Enrique nun dos últimos amigables para o Mundial, pero ao final non entrou na lista dos elixidos para a cita de Qatar.