Borja Iglesias, convocado para a selección española por Luis de la Fuente
O santiagués disputará os partidos de clasificación para o mundial contra Xeorxia e Bulgaria
A convocatoria chega despois da lesión de Lamine Yamal, que non se incorporará o luns nas Rozas

Borja Iglesias acaba de ver premiado o seu gran inicio de temporada, no que marcou en seis partidos seguidos entre Liga e Europa League. Logo da ausencia de Lamine Yamal, que non se vai incorporar por lesión á convocatoria para os encontros de cualificación da selección contra Xeorxia en Elxe e diante de Bulgaria en Valladolid, o Panda foi citado para concentrarse nas Rozas o luns 6 ás 20.00h.
Borja Iglesias xa fóra anteriormente á selección absoluta cando militaba nas ringleiras do Betis, estando na última citación en marzo de 2023 contra Escocia. Ese mesmo ano renunciou a volver ao combinado mentres Luis Rubiales estivese á fronte da RFEF. Agora, e despois de rencontrarse coa súa mellor versión, estreará convocatoria formando parte do primeiro plantel do Celta.