Cargando resultados...
Borja Iglesias, baixa contra o Oviedo
A súa baixa únese ás xa coñecidas do defensa Carlos Domínguez e o atacante Pablo Durán
RC Celta
G24.gal
19/12/2025 12:26
Última actualización 19/12/2025 12:29
O dianteiro Borja Iglesias é baixa no Celta para o partido deste sábado, contra o Real Oviedo no Carlos Tartiere, por mor da lesión no costado que sufriu durante o partido de Copa do Reyido pasado mércores contra o Albacete.
A súa baixa únese ás xa coñecidas do defensa Carlos Domínguez, cunha rotura fibrilar no adutor da coxa esquerda, e o atacante Pablo Durán, que segue recuperándose da lesión no ombreiro esquerdo que sufriu no duelo ligueiro contra o Real Madrid.
A boa noticia é que o central Joseph Aidoo xa está case recuperado da microrrotura que sufrira no bíceps femoral esquerdo e podería entrar na lista de convocados.