Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bolaños, tras o aval da Garda Civil aos audios de Koldo: "Deixemos traballar á xustiza"

Bolaños, tras o aval da Garda Civil aos audios de Koldo: "Deixemos traballar á xustiza"

O xuíz do Supremo que leva o caso decidiu manter a Santos Cerdán en prisión provisional

G24.gal 19/09/2025 14:43

O exnúmero tres do PSOE Santos Cerdán vai continuar en prisión provisional. O xuíz do Supremo que leva o caso rexeita poñelo en liberdade por considerar que persiste o risco de destrución de probas.

Os que foron os seus compañeiros de partido pronunciáronse este venres. O ministro Félix Bolaños pediu deixar "traballar á xustiza, que investiguen, que acrediten e que esclarezan os feitos" ao tempo que amosou o seu "respecto" a esa instrución.

O xuíz ten na mesa o informe da Garda Civil que avala os audios que gravou Koldo García. Os seus peritos non atoparon indicios de que fosen manipulados.

Santos Cerdán sempre cuestionou esas gravacións, e por iso os seus avogados van presentar o seu propio informe pericial.

Dende a oposición, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo cre que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "está ata o pescozo de corrupción".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade