Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os gandeiros boicotean marcas de leite que non lles soben os prezos

Os gandeiros boicotean marcas de leite que non lles soben os prezos

Retiran dos lineais das áreas comerciais as marcas das industrias que responsabilizan de bloquear os prezos en orixe

Unha explotación mediana ten que asumir unhas perdas mensuais de 5.000 euros

O gandeiros retiran do supermercado algunhas marcas de leite
G24.gal 19/11/2021 14:41

Os gandeiros dan un paso máis nas súas protestas. Retiran dos lineais das áreas comerciais as marcas de leite das industrias que responsabilizan de bloquear os prezos en orixe. 

"A distribución á industria xa lle repercutiu unha suba de 5 céntimos que nin Larsa, Central Lechera Asturiana, nin Lactalis Puleva repercutiu aos seus produtores", denuncian desde Unións Agrarias.

Queren concienciar o consumidor da situación límite das granxas. E piden: "Que non se consuman os produtos das industrias responsables do que está sucedendo", di Félix Porto, de UUAA.

Un exemplo, é unha granxa de 120 vacas da que saen cada día 2.300 litros de leite. Facerlle fronte a esta produción suponlle a José Manuel, o seu propietario, 5.000 euros de perdas mensuais:

"Para non perder, xa non digo para gañar, para saír a pé e non tirar dos aforros deberían pagarnos o litro a 40 céntimos".

Subsiste botando man dos aforros e dos créditos bancarios. Pero isto, asegura, é insostible a longo prazo, e menos coa previsións de novas subas nos custos de produción para finais de ano.

"Venme a cabeza o penso, agárdanse importantes subas de 40 ou 50 euros a tonelada", asegura este gandeiro.

A protesta de hoxe repetirase os vindeiros días e xa anuncian novas mobilizacións para o mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade