Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biden ameaza a Putin con "fortes medidas económicas" se ataca Ucraína

Biden ameaza a Putin con "fortes medidas económicas" se ataca Ucraína

Biden pídelle rebaixar as tensións e "regresar á vía diplomática"

Os Estados Unidos creen que Rusia pode atacar Ucraína cuns 175.000 soldados

G24.gal 07/12/2021 20:42

O cumio por videoconferencia entre Joe Biden e Vladimir Putin centrouse sobre a escalada militar de Rusia nos arredores de Ucraína", unha situación que preocupa fondamente aos Estados Unidos e aos seus aliados europeos.

O presidente de Estados Unidos, Joe Biden, ameazou a Vladímir Putin con "fortes medidas económicas e doutro tipo en casa dunha escalada militar" se ataca Ucraína, e pediulle rebaixar as tensións e "regresar á vía diplomática", segundo a Casa Branca.

Tras a conversa dunhas dúas horas, os dos presidentes serán os que fagan o seguimento do tema. Biden planea facelo "de xeito coordinado cos seus aliados e socios", especialmente en Europa.

A Casa Branca xa traballa nese paquete de fortes sancións económicas cos socios europeos e a propia Ucraína, para disuadir a Putin dun posible ataque. 

Os Estados Unidos cree que Rusia podería atacar ou invadir Ucraína cuns 175.000 soldados e Kiev calcula que o momento máis probable sería a finales de xaneiro de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade