Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fran Beltrán: "Sería un erro falar só de Europa"

Fran Beltrán: "Sería un erro falar só de Europa"

Fran Beltrán chega a 200 partidos co Celta

G24.gal 11/10/2024 13:29 Última actualización 11/10/2024 13:36

O centrocampista Fran Beltrán dixo este venres que o plantel do Celta cometería “un erro” se empeza a pensar en Europa como o seu único obxectivo para esta tempada.

“Sería un erro falar só de Europa, e ese erro levámolo cometendo varios anos. Desde que cheguei aquí sempre diciamos que había que ir a Europa. O equipo ten que crecer, ten que ir paso a paso, e se mantemos esa alegría e esa ilusión que se ve no campo os resultados van chegar por si sós”, afirmou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o madrileño considera que o Celta está a vivir “un momento doce” desde a chegada de Claudio Giráldez ao seu banco, cos xogadores “gozando moito” no campo.

O que non gusta tanto a Fran Beltrán é a cantidade de rotacións que realiza o técnico celeste cada fin de semana –non repetiu once inicial desde que substituíu a Rafa Benítez a mediados de marzo-.

“É algo que levo complicado, sei que teño compañeiros moi bos, pero todos queremos xogar todos os partidos. De todos os xeitos, aínda que nos amole non xogar sempre hai que apoiar ao compañeiro porque isto é un equipo e imos a todos a un tempo”, manifestou.

Fran Beltrán chega a 200 partidos co Celta.

"Emocionado polo que vivimos, por fin é o Celta que queremos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade