Bellingham adestra á marxe pero Ancelotti agarda que xogue contra o Celta
Ancelotti ten seis baixas para o partido, cinco delas en defensa polo que terá que convocar a varios xogadores do filial
O inglés Jude Bellingham adestrou en solitario na penúltima sesión preparatoria para o partido contra o Celta (domingo ás 14:00 horas) pero Ancelotti entende que estará seguro nesa cita. O centrocampista está a levar un plan específico de exercicios e a idea é que o sábado volva traballar co resto de compañeiros.
Un partido que perderán por lesión Carvajal, Militao, Camavinga, Alaba, Mendy e Rudiger, que tampouco podería estar por sanción. Cinco baixas na defensa e a de un Camavinga que tamén pode actuar no lateral esquerdo. O adestrador italiano terá que tirar da canteira que terá moito protagonismo na convocatoria contra o conxunto vigués.
Traballaron co primeiro equipo Jacobo Ramón (central) e Yusi (lateral esquerdo) que estarán na lista definitiva. Confirmarao Ancelotti na rolda de prensa previa ao partido, as primeiras verbas do técnico despois dunha semana na que se falou do seu futuro lonxe do Real Madrid cando remate a presente campaña.