Publicador de contidos

Publicador de contidos

Belarra acusa a Yolanda Díaz de cometer un erro por deixar a Podemos sen portavocía no Congreso

Belarra acusa a Yolanda Díaz de cometer un erro por deixar a Podemos sen portavocía no Congreso

Lois lamentou as declaracións da líder de Podemos e dixo que todas as forzas políticas de Sumar van ter visibilidade

Marta Lois e Ione Belarra
G24.gal 05/09/2023 16:04

A ministra de Dereitos Sociais en funcións Ione Belarra cualificou este martes de erro político de "acabada de chegar" e de "falta de coñecemento" a decisión da líder de Sumar Yolanda Díaz de deixar a Podemos fóra da repartición de portavoces do Congreso dos Deputados.

Nunha entrevista en RNE, Belarra non ocultou o seu malestar coa lista de portavoces rexistrada este luns por Sumar, na que Díaz figura como presidenta do grupo parlamentario e Marta Lois ocupa o lugar de voceira.

Belarra dixo que Lois é "unha persoa que non ten experiencia parlamentaria"  e que agarda que Yolanda rectifique.

A portavoz de Sumar no Congreso Marta Lois lamentou as declaracións da líder de Podemos. Dixo que o conxunto de forzas políticas integradas en Sumar van ter visibilidade, dentro dun traballo conxunto que será "cohesionado".  

Lois lamenta ademais esa postura, pois dentro da confluencia tomouse a decisión de facer patente a importancia do carácter "plurinacional" do grupo na asignación das portavocías adxuntas. Estes cargos recaeron nos Comúns, en Compromís e na Chunta en rotación con Més per Mallorca,  e quedaron fóra formacións estatais como Podemos, EU ou Más País.

"O meu compromiso con este grupo é de traballo en equipo, cohesionado e de conxunto", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade