Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinicius marca o camiño do Real Madrid na Champions (2-2)

Vinicius marca o camiño do Real Madrid na Champions (2-2)

O xogador brasileiro marcou os dous goles do seu equipo que lle permitirán decidir a eliminatoria no Bernabeu

O Bayern remontara no segundo tempo con goles de Sané e Kane

G24.gal 30/04/2024 22:01 Última actualización 30/04/2024 22:40

Nunha das eliminatorias clásicas da Champions o Bayern e o Real Madrid empataron (2-2) no primeiro partido e será no Bernabeu onde se decida. Vinicius, con dous goles, marcoulle o camiño da final ao Real Madrid. 

O inicio do equipo alemán resultou asoballador. No primeiro cuarto de hora o Real Madrid apenas puido pasar da liña do centro do campo e o equipo bávaro xerou catro ocasións claras de gol, algunhas delas obrigando a Lunin a facer grandes intervencións. Pero o primeiro que deu foi o Real Madrid. No 24 Kroos meteu un pase sensacional cara á carreira de Vinicius que non perdoou diante de Neuer. 

O gol acougou o ímpeto do Bayern e asentou no partido o Real Madrid que deixou de sufrir un acoso tan constante. No segundo tempo o primeiro en tentalo foi un inspirado Kroos, que obrigou a Neuer a facer a parada do partido. Pero o partido mudou nun abrir e pechar de ollos. No 53 empatou o Bayern nunha grande acción individual de Sané que sorprendeu a Lunin polo pau máis próximo. E dous minutos máis tarde Musiala era derrubado na área e Kane marcou o penalti. 

Os dous equipos gozaron de ocasións para cambiar o marcador. Kane tivo unha moi clara para o Bayern e Neuer volveu a estar salvador nun remate de Vinicius. A oito minutos do final Rodrygo foi o xogador que provocou un penalti do que tirou proveito o propio Vinicius.

Xa non se movería o resultado e será o Bernabeu o que dite sentenza nunha eliminatoria na que calquera resultado é posible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar