Bardanca, 14 anos no Silva: "Aos rapaces dígolles: menos Instagram e máis casco de traballo"
É o adestrador máis lonxevo nun equipo galego en categoría nacional
Despois da dura derrota do Silva co Fabril, en Zona Mixta achegáronse á figura do noso 'Alex Ferguson' galego, Javier Bardanca, que recentemente renovou polo Silva por decimocuarta tempada consecutiva.
Mal perder
Confesou que ten mal perder e que a muller xa o coñece:
"A ela gústalle o fútbol, pero días como os de onte xa sabe que é mellor non me falar. Comentamos os partidos e non se mete nas aliñacións, pero si que me solta que hai certo xogador que lle gusta máis ca outro"
"Mañá saberei se sigo no equipo, espero que si, igual teño eu hoxe máis gana de deixalo todo co enfado que teño"
O trato no vestiario
"Aos rapaces dígolles que se deixen de tanta fotiña en Instagram e que poñan o casco para despexar os balóns de cabeza na grela"
"Non me entenden cando lles falo do Maradona de Viveiro, míranme raro. Dígolles que cando saía a Riazor nos descansos tocaba o balón mil veces e non lle caía ao chan nunca. Pero que non lle apuntaba. Así que que se deixen de toqueciños e xoguen"
"Non permito que se cre mal ambiente no vestiario. Teño botado un xogador por iso, non só apartalo do equipo, dicirlle que marche directamente. Primeiro as persoas, logo os futbolistas"
Entender o fútbol
"Non son do fútbol de Guardiola. Non aturo adestradores que poñen dous centrais preto do porteiro e pensan que inventaron o fútbol"
"Son moi caseiro, vivo no Ventorrillo e en cinco minutos estou no campo da Grela. Afortunadamente teño un traballo. Claro que me gustaría vivir do fútbol só, pero nin o penso"
"Somos un equipo humilde. Chechu, o director deportivo leva as mans á cabeza cando lle digo que non podemos manter 10 ou 12 xogadores cada temporada. Por esta época xa estamos pensando en quen podemos traer co presuposto que temos"
O mellor destes anos
Emociónase cando se lle pregunta polo seu mellor momento na vida deportiva
"Cando morreron meus pais, con todo o da covid aínda presente, ver a cantidade de xente de fútbol que veu amosarme o seu cariño, iso é impagable"