Bamba: "A presenza de Luís Campos foi fundamental para vir ao Celta"
O extremo presentouse en sociedade como unha das incorporacións sobranceiras do cadro vigués para esta temporada
O internacional pola Costa de Marfil Jonathan Bamba asegurou na súa presentación polo Celta que a presenza de Luís Campos, co que coincidiu no Lille, foi "fundamental" para que elixise a oferta do cadro celeste, co que asinou ata o 2026.
"Tiven moitos ofrecementos pero Campos faloume moito do club. Cando me presentou o proxecto decateime de que se adaptaba ao que estaba buscando. Quero axudar o Celta a estar na zona alta", comentou Bamba.
Con oito anos de experiencia na Ligue1 e case 40 goles, Bamba proclamouse campión de liga co Lille na 20-21. Tentará aportar o máximo ao equipo de Rafa Benítez do que agarda "seguir aprendendo".