Publicador de contidos

Publicador de contidos

España supera os nove millóns de contaxios desde o inicio da pandemia

España supera os nove millóns de contaxios desde o inicio da pandemia

Baixa a incidencia en case todas as comunidades autónomas, pero aumenta a presión hospitalaria

Galicia é unha das comunidades que rexistra unha baixada na incidencia

O Ministerio notificou 253 falecementos este luns

G24.gal 24/01/2022 18:22

As comunidades autónomas notificaron este luns ao Ministerio de Sanidade 305.432 novos casos de covid-19, 27.248 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 331.467 positivos, o cal evidencia a leve tendencia á baixa na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 9.280.890 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 3.381,16, fronte a 3.418,46 o venres. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 1.602.164 positivos.  

No informe deste luns engadíronse 253 falecementos, en comparación con 234 o luns pasado. Ata 91.994 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 573 persoas con positivo confirmado en España.

Actualmente, hai 19.617 pacientes ingresados e positivos en covid-19 en toda España (18.675 o venres) e 2.261 en UCI (2.202 o venres). Nas últimas 24 horas, producíronse 2.067 ingresos (2.178 o venres) e 1.229 altas (2.351 o venres). A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 15,76 por cento (14,96 % o venres) e nas UCI no 23,94 por cento (23,25 % o venres).   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade