Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un inspector de policía, investigado por narcotráfico, non pode declarar no xuízo do Karar ao estar de baixa

Un inspector de policía, investigado por narcotráfico, non pode declarar no xuízo do Karar ao estar de baixa

Avogados de varios acusados piden que adiar a vista ata que poida dar testemuño, e así preservar o dereito dos seus clientes a declarar en último lugar

G24.gal 18/04/2024 14:39

As defensas de varios acusados polo alixo de case 4 toneladas de cocaína incautado no veleiro Karar en 2020 pediron a suspensión do xuízo. O motivo é que a principal testemuña do proceso, o ex-xefe policial dos GRECO Galicia, que dirixiu o operativo está de baixa médica.

Eles reclaman o dereito dos seus clientes a declarar en último lugar e, polo tanto, solicitan que se adíe ata que poida comparecer o inspector xefe da Policía Nacional, investigado el mesmo noutra causa por narcotráfico.

Foi operado o luns e estimase que estará de baixa un mes. Agora será o tribunal o que decida se mañá continúa o xuízo ou atenden estas peticións, tendo moi presente que este xuízo chegou a aprazarse ata en dúas ocasións.

As cuestións previas e as impugnacións dos letrados volveron ocupar a segunda sesión na vista en que se xulgan 28 persoas, entre eles Juan Carlos Santórum, presunto líder da organización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade