Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aurentino Alonso, novo alcalde do Barco de Valdeorras tras 26 anos de Alfredo García

Aurentino Alonso, novo alcalde do Barco de Valdeorras tras 26 anos de Alfredo García

Aurentino Alonso tomou posesión do novo cargo nunha breve sesión plenaria á que asistiu o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro

O socialista Aurentino Alonso O socialista Aurentino Alonso
G24.gal 01/09/2025 17:20

O socialista Aurentino Alonso foi elixido novo alcalde do Barco de Valdeorras, cargo no que substitúe a Alfredo García, quen levaba no cargo 26 anos, desde 1999.

Alonso tomou posesión do novo cargo, que ata o de agora ocupaba en funcións, nunha breve sesión plenaria á que asistiu o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Aurentino Alonso xa desempeña esta tarefa en funcións desde o día da renuncia oficial de Alfredo García, o pasado 18 de agosto, polo que xa tivo que facerse cargo de momentos delicados á fronte do Goberno local debido aos incendios forestais que afectaron á zona.

O novo rexedor, que leva 15 anos como concelleiro do grupo de goberno socialista no Barco e que foi tamén deputado provincial, buscará dar continuidade aos proxectos do seu predecesor no cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade