Publicador de contidos

Aumentan a 17 os positivos na residencia Coral Seoane de Ferrol

Aumentan a 17 os positivos na residencia Coral Seoane de Ferrol

As residencias de maiores rexistran 17 casos entre os usuarios

G24.gal 25/11/2021 12:37

Rexistrados 15 novos casos de usuarios contaxiados por covid na residencia de persoas discapacitadas Coral Seoane de Ferrol. Cos dous casos rexistrados este mércores, xa son 17 as persoas contaxiadas.

Ademais, as residencia de maiores rexistran 17 casos entre os seus usuarios: 1 na residencia San José (Arzúa), 3 na residencia Nuestra Señora Dolores Forcarei (Pontevedra), 1 na residencia Domusvi Vigo, 3 usuarios da residencia Virgen Guadalupe de Mos (Pontevedra) e 9 usuarios da vivenda comunitaria A Túa Outra Casa de Sarreaus (Ourense).

Segundo os datos facilitados polas Consellerías de Sanidade e Política Social, o número de usuarios contaxiados nas residencias de maiores non variou respecto aos deste mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar