Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así era Arsenio Iglesias: un repaso a un personaxe irrepetible

Así era Arsenio Iglesias: un repaso a un personaxe irrepetible

G24.gal 06/05/2023 14:55

Deixounos Arsenio, pero quédanos o seu legado, a súa maneira de entender o fútbol mais a vida. De como sentía e como se sentía.

Arsenio Iglesias. "Eu é indubidable que son aldeán, non son señorito, son aldeán".

Un aldeán que foi capaz de facerse a si mesmo tentando practicar o que máis lle gustaba, xogar o fútbol. "Cando había a posibilidade de correr detrás dunha pelota sentíaste a gusto e libre".

Que viu cumprido o seu soño de xogar na elite. "Non sei nin como puiden xogar porque eu viña de Arteixo, onde non había medios, nin equipos intermedios para perfeccionarte".

Que primeiro como futbolista e logo como adestrador foi capaz de alongar a súa carreira profesional durante corenta e cinco anos ata que chocou co fútbol moderno. "Nin entendo de sociedades anónimas, nin de limitadas, nin de familiares".

E anticipou os perigos que podían vir co novo rumbo que tomaban os tempos. "O fútbol cando cambie demasiado irá ao carallo. O que hai que ter é temperanza e que non haxa tanto listo falando con tanto escachaovos".

E que decidiu marchar da súa casa, logo de gañar a a Copa do Rei, por non sentirse valorado. "Marchas porque tomas unha decisión porque entendes que sobras, que estás de máis, entendes que non contas co afecto das persoas".

Esta é a longa historia dun rapaz que saíu de Arteixo e que chegou a tratar con alcaldes, ministros e Reis...

Arsenio Iglesias. Cousas de estado.

Arsenio era retranca en estado puro. "Aquilo que dicían, que dúbida cabe, non?"

Hoxe, 6 de maio de 2023, Arsenio despedíase dos seus seres queridos.

Arsenio Iglesias. Ata sempre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar