As tropas ucraínas intensifican ataques no sur
Dous civís morreron na rexión central de Poltava tras un ataque aéreo
Ucraína ataca polo sur e Rusia quere avanzar no noreste
Moscova pecha o tráfico aéreo
Sobre Rulykiv, lonxe da liña da fronte de guerra e moi preto da capital ucraína, caeu un proxectil que causou importantes danos materiais e dous feridos.
En total, este domingo, Rusia lanzou 11 mísiles e 48 ataques aéreos, amais doutros 54 ataques con sistema de lanzamento múltiple de foguetes contra as posicións ucraínas, segundo as autoridades de Kíiv, que informan tamén de dous civís mortos na rexión central de Poltava.
O exército ucraíno progresa no sur, na rexión de Zaporijia, logrando avances significativos a nivel táctico, avalía o estadounidense instituto para o Estudo da Guerra. Á súa vez, as tropas do Kremlin intentan retomar a iniciativa noutra fronte, a de Kupianks, ao noroeste do país.
Dende Kíiv reivindican un ataque con drons a un aeródromo na rexión rusa de Kursk. As autoridades do Kremlin din que destruíron outro, que se achegaba a Moscova esta mesma madrugada, e hai unhas horas suspenderon o tráfico aéreo nos aeroportos da capital.