Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pulseiras de control de agresores machistas subsituiranse por dispositivos de nocello, "máis fiables"

As pulseiras de control de agresores machistas subsituiranse por dispositivos de nocello, "máis fiables"

O Goberno licita un novo contrato para a prestación deste servizo que entrará en vigor cando finalice o actual, sobre o que hai dúas investigacións abertas tras os fallos detectados o ano pasado

(Europa Press/David Zorrakino) (Europa Press/David Zorrakino)
G24.gal 27/01/2026 13:39

A ministra de Igualdade, Ana Redondo, anunciou este martes que o seu departamento autorizou un novo contrato para a xestión dos dispositivos de seguimento telemático de agresores machistas, que pasarán de ser pulseiras de nocello para mellorar a fiabilidade e evitar que sexan manipuladas.

As novas pulseiras incorporarán "mecanismos antivandálicos", terán máis batería e a tarxeta de seguimento será inextraíble, como detallou Redondo na conferencia de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros, onde sinalou que o novo contrato sae por unha contía de 71 millóns de euros (ampliables ata 111 millóns) e por un prazo de tres anos (ampliable a cinco).

A ministra tamén avanzou que se incrementa o número de dispositivos a adquirir ao longo do contrato ata un total de 17.660 e fíxase en 2.000 o stock mínimo de dispositivos dispoñibles para garantir que calquera pulseira manipulada polo agresor ou que presente algún tipo de disfunción poida ser substituída nun máximo de 24 horas.

Así mesmo, implantaranse melloras na sala COMETA, que xa conta con 151 empregadas, tanto a nivel de coordinación como de apoio psicolóxico para os traballadores do operativo.

Este anuncio chega despois de que se detectasen fallos no funcionamento das pulseiras telemáticas de seguimento que se colocan aos agresores acusados de violencia machista e con ordes de afastamento, o que obrigou a Igualdade a iniciar dúas investigacións, unha interna e outra a través dunha auditoría externa, para determinar o ocorrido.

"Fomos conscientes de que había que mellorar o contrato e de que había que incorporar aquelas melloras derivadas das investigacións", afirmou Redondo, quen confía en que as novas ferramentas permitan ao servizo ser "moito máis eficaz e eficiente".

A ministra resaltou que a tecnoloxía "pode fallar", pero recoñeceu que a resposta do Goberno non pode facelo.

Nese sentido, o novo contrato inclúe un reforzo dos plans de actualización e seguimento para que sexan "máis esixentes", e reclamará á empresa adxudicataria que incorpore aos dispositivos e ao sistema de seguimento todas as melloras que se poidan producir durante a vixencia do acordo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade