Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas contra os recortes na lei trans saen á rúa en 17 cidades

As protestas contra os recortes na lei trans saen á rúa en 17 cidades

Máis de 60 colectivos LGTBI pídenlle ao PSOE que non poña atrancos na norma nos casos referidos aos menores de 16 anos

Varias organizacións anuncian que presentarán un recurso ante o Tribunal Constitucional se non hai cambios substanciais na tramitación parlamentaria da lei

G24.gal 10/12/2022 21:10 Última actualización 10/12/2022 21:27

Máis de sesenta colectivos apoiaron as manifestacións contra os recortes da lei trans. A participación foi máis significativa en Madrid e Barcelona, entre as 17 cidades nas que houbo marchas de protesta. Todas estiveron encabezadas polo mesmo lema "Dereitos humanos sen recortes para todes".

A polémica de fondo, que está na raíz desta mobilización, radica sobre todo nunha decisión do PSOE. É a de manter unha emenda que prevé que sexan os xuíces os que deban autorizar o cambio de sexo rexistral para os menores de 16 anos .

"Eu diríalle ao partido no que militei 45 anos que retire esas vergoñentas emendas que cercean aínda máis os nosos dereitos", declarou a exdeputada do PSOE Carla Antonelli.

"Temos que asegurar que un colectivo que viviu nas marxes e na clandestinidade vexa cumpridos os seus dereitos e as súas promesas", sinalou Mónica García, covoceira de Más Madrid.

Varios colectivos participantes falan de presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional se se manteñen os recortes no texto lexislativo:

"O Tribunal Constitucional deixou superclaro que os menores teñen dereito á rectificación do seu nome e sexo no DNI sempre que demostren madurez e estabilidade", explicou a presidenta da Asociación de Transexuais, Mar Cambrollé.

Nas manifestacións lembrábase que a lei trans vai pasar o luns vindeiro o seu primeiro exame ante a Comisión de Igualdade do Congreso e que chega sen acordo entre o PSOE e Unidas Podemos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade