Publicador de contidos
Publicador de contidos

As praias das Rías Baixas están ateigadas coma se fose verán

As praias das Rías Baixas están ateigadas coma se fose verán

Outra xornada de máis de trinta graos nos areais do sur de Galicia

G24.gal 09/10/2023 14:28

Milleiros de persoas ateigaban onte praias coma a de Samil, e tamén serán moitas as que pasen hoxe e mañá polos areais das Rías Baixas para aproveitar os últimos días deste verán tan atípico do outono.

Unha vaga de calor froito do cambio climático que durará polo menos ata o mércores, con temperaturas por riba dos 30 graos en Vigo e Pontevedra. A praia nunha mañá de outono non é a mesma que no verán: hai cans, non hai nenos e todo é máis calmo. Estes días solleiros están a ser recibidos por moitos cos brazos abertos.

Este outono atípico está rexistrando temperaturas de récord, como os 32 graos e medio de onte, unha temperatura só superada polos 32,7 que se rexistraron en outubro de 2017, nos días fatídicos en que os incendios cercaron Vigo. Isto non é un verán persistente, o cambio climático é un feito. Auga quente, días calorosos... e tamén noites tropicais. Estes días solleiros sorprenden a todos.

Calor tamén na Mariña lucense, que adoita ter maiores temperaturas na primavera e no outono que en pleno verán. O chamado Caribe galego mantén a auga máis quente de Galicia e estes días, con temperaturas superiores aos trinta graos, está a bater todos os rexistros históricos de calor nun mes de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade