Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada empezan en outono

As obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada empezan en outono

Son 3,5 quilómetros en que se investirán 33 millóns

A entrada en funcionamento está prevista para 2025

O novo tramo enlazará A Ramallosa con Pontevea
G24.gal 02/05/2023 16:22

As obras segundo treito da AG-59, a autovía entre Santiago e A Estrada, empezarán despois do verán. Son tres quilómetros e medio entre A Ramallosa con Pontevea e onde se investirán 33 millóns.

O prazo de execución é de 20 meses para a súa entrada en funcionamento en 2025. Será 17 anos despois de que se inaugurase o primeiro treito, entre Santiago e A Ramallosa, así que os usuarios desta autovía agardan como auga de maio que se retomen as obras nesta infraestrutura.

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, di que se trata dun proxecto estratéxico que vertebra as comunicacións de toda a comarca e ten un obxectivo fundamental de poñer Santiago a 10 minutos.

Segundo o alcalde da Estrada, José López, todo o norte da provincia de Pontevedra condiciona o seu futuro a execución desta infraestrutura, que é transformadora e vertebra o territorio.

Para a total conectividade por autovía entre Santiago e A Estrada farán falta 65 millóns de euros en 8 quilómetros de traxecto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade