Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas tendencias estéticas na imaxe masculina dan pulo ás barberías

As novas tendencias estéticas na imaxe masculina dan pulo ás barberías

Proliferan os locais con decoración máis moderna, que funcionan como clubes sociais, con estilos e servizos para todos os públicos

O 40 por cento dos negocios activos agora en Galicia abriu nos últimos cinco anos

G24.gal 26/09/2026 15:30

Para os homes, ir cortar o pelo xa non é o que era. Agora as barberías de toda a vida están dando paso a negocios con decoración chamativa, con novas ferramentas para facer cortes e peiteados máis creativos.

Mentres aínda se manteñen algúns profesionais que seguen o estilo tradicional, proliferan porén as barberías con estética atrevida, que ofrecen servizos a medida e que funcionan case como locais sociais.

En resposta a ese crecente interese polo coidado da imaxe entre a poboación masculina, especialmente a máis moza, xurdiu unha morea de negocios que transformaron o concepto do clásico salón de peiteado e afeitado.

O sector experimenta unha progresión constante dende a pandemia. Dos negocios activos en Galicia, o 40 por cento abriu nos últimos cinco anos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos