Publicador de contidos
Publicador de contidos

As chuvias fan saír cogomelos ás portas do verán

As chuvias fan saír cogomelos ás portas do verán

Os cantarelos son os máis abundantes, pero tamén hai champiñóns e boletos

Entre as variedades tóxicas, podemos atopar amanitas phanterina

G24.gal 06/06/2023 20:58 Última actualización 06/06/2023 21:16

Alejandro Mínguez, divulgador micolóxico, e a súa filla chegan ao noso encontro coa cesta mediada. Os máis abundantes, os cantarelos. "Un cogomelo que ten un cheiro moi agradable, afroitado, a pexego. É moi apreciado na cociña. Pode deshidratarse e usarse durante todo o ano", explica Alejandro.

Tamén atoparon champiñóns, e ata un boleto. A nena, que foi aos cogomelos por primeira vez aos quince días de nacer, toma boa nota das propiedades de cada variedade. O máis importante, insístelle o pai, é diferenciar os que son tóxicos, que tamén saíron con estas chuvias.

Alejandro Mínguez, divulgador micolóxico: "Aínda que a amanita faloides non é habitual que apareza, si pode aparecer a phanterina, que tamén é tóxica e, en cantidades máis altas que a faloides, mortal".

A chuvia das últimas treboadas e as temperaturas suaves explican esta proliferación de cogomelos. Iso si, non se prevé que esta nova temporada dure moito, porque os cogomelos, coma moitos humanos, sofren por riba dos trinta graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar