Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bandeiras azuis xa ondean en 113 praias de 34 concellos

As bandeiras azuis xa ondean en 113 praias de 34 concellos

Galicia terá este verán 53 quilómetros de areais con bandeira azul

Doce portos deportivos e catorce centros de visitantes lucirán tamén este distintivo

G24.gal 12/06/2023 17:31 Última actualización 12/06/2023 17:51

As praias con bandeira azul xa poden lucir dende este luns distintivo. O presidente da Xunta Alfonso Rueda entregoulles bandeiras aos 34 concellos que este ano teñen acreditados areais con este recoñecemento á calidade das súas augas e aos servizos que prestan.

A primeira bandeira izouse na praia de Valcovo, en Arteixo, o terceiro concello con máis distintivos este ano. A listaxe lidéraa un ano máis Sanxenxo, con 17, que é o primeiro de España. Galicia concentra unha de cada cinco bandeiras azuis que se entregan no Estado.

"O 100 % dos concellos que se presentaron ao programa obtiveron bandeira azul. Isto significa eficacia, calidade e seguridade", dixo José Palacios, presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, que concede estes distintivos.

O presidente da Xunta defendeu que é posible ofrecer un turismo de calidade preservando o medio ambiente e mantendo a actividade económica na costa.

"Por iso queremos facer a nosa lei do litoral e aproveitar os fondos europeos para facer un turismo sostible e que esa marca Galicia sexa estable", afirmou Alfonso Rueda.

Galicia terá este verán 53 quilómetros de areais con bandeira azul, un distintivo que tamén lucirán 12 portos deportivos e 14 centros de visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos