Publicador de contidos

Publicador de contidos

As baixas obrigan a Carvalhal a recompoñer a defensa contra o Valencia

As baixas obrigan a Carvalhal a recompoñer a defensa contra o Valencia

Aidoo e Javi Galán non estarán o vindeiro domingo en Balaídos

No Celta saben da importancia do partido porque un triunfo significaría asegurar a permanencia

G24.gal 09/05/2023 21:08

O celtismo ten unha cita o domingo á hora do xantar. O Celta recibe o Valencia no que o capitán Hugo Mallo cualificou como duelo directo despois da derrota en Xetafe. Os celestes non se poden permitir darlle aire a outro dos equipos que escapan do descenso.

Se o Valencia gaña en Balaídos ponse a dous puntos, e o Celta, con 39 métese en problemas. Unha vitoria nos cinco últimos partidos é a pobre bagaxe dos de Carvalhal, que tras o último partido se amosaba relativamente preocupado.

O goleador contra o Elxe non xogará ante o Valencia. Aidoo foi expulsado en Xetafe. E Javi Galán recibiu o quinto cartón, así que o equipo queda sen dous defensas titulares. O regreso de Mingueza parece precipitado, xa que apenas empezou a adestrarse progresivamente co grupo. Non xoga desde a visita a Anoeta en febreiro.

A Liga anunciou este martes horario unificado para as dúas últimas xornadas, os domingos 28 de maio e 4 de xuño. A temporada acaba en Balaídos cun Celta-Barcelona. Quedan cinco partidos, tres na casa e dous fóra, con xornada entre semana contra o Xirona e saídas a Bilbao e Cádiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade