As baixas condicionan a defensa do liderado do Deportivo na Rosaleda
Ximo Navarro, lesionado de longa duración, e Mella e Noubi, coas súas seleccións, non estarán en Málaga
Un Deportivo con baixas defenderá o liderado e a súa condición de invicto na Rosaleda ante un Málaga en crise. O equipo andaluz acumula catro derrotas consecutivas e xogará con moita presión ante os coruñeses.
Antonio Hidalgo di que o rival sairá por todas.
O técnico deportivista terá que facer retoques. As ausencias de Mella e Noubi, que están coas súas seleccións, e a baixa, que será longa, de Ximo Navarro, obrigan a tirar da profundidade do cadro de xogadores brancos e azuis.
Hidalgo confía nos seus futbolistas e tamén na canteira.
O adestrador deportivista bota en falta especialmente un David Mella sempre desequilibrante, e fala marabillas do seu xogador.
E sempre poderá confiar nun Yeremay que vai a máis. O Deportivo intentará conquistar a Rosaleda na noite do domingo.