Publicador de contidos
Publicador de contidos

As acusacións piden que se ratifique a condena de 20 anos de cadea polo crime da rúa Zamora, en Vigo

As acusacións piden que se ratifique a condena de 20 anos de cadea polo crime da rúa Zamora, en Vigo

A defensa pide a libre absolución ou de xeito subsidiario que se rebaixe a pena a 15 anos de cadea

Os feitos aconteceron en outubro do 2022

G24.gal 29/04/2024 14:11

O xa condenado asistiu á vista de apelación por videoconferencia. A súa defensa expuxo que o móbil do crime non existe nin ten lóxica. Explicou que o seu defendido, no momento dos feitos, non era dono dos seus actos e solicita que se teña en conta a eximente de trastorno mental transitorio. Por isto pide a libre absolución. Porén a acusación particular insiste en que si estaba nos seus cabais.

"Estaba nos seus cabais, e así o dixeron os peritos no seu informe fantasticamente argumentado. El confesou, pero aínda que non o fixera, a proba estaba clarísima", explica Marcos Moure, o avogado da acusación particular.

Amais, a defensa solicitou tamén a anulación da agravante de asañamento. Di que, malia que o xurado popular se baseou no feito de que o home lle propinou á vítima tres coiteladas, en ningún caso pode considerarse feito probado o pracer de facer dano, que é o que implica o asañamento. 

E engadiu que o home recoñeceu de xeito sincero o homicidio. Pero asegura que ten perdas de memoria e que só lembra o ataque co coitelo. Por isto solicita que a pena de condena se reduza dos 20 aos 15 anos de prisión.

A acusación está contenta coa condena porque a fiscalía aceptou nas súas conclusións o asañamento. Estamos falando dunha balanza de conceptos moi dispares: "Caíame mal, asasínoa". Non ten ningún sentido desde o punto de vista xurídico.

Nesta vista, a Fiscalía manifestou que a circunstancia de asañamento é correcta porque a vítima non morreu no acto. Explicou que, das tres coiteladas que recibiu, a segunda, no abdome e que lle chegou ao corazón, foi a mortal. E aínda houbo unha terceira que lle causou sufrimento.

Concluíu con que as coiteladas non perseguían simplemente a morte, senón unha sorte de castigo doloroso derivado das malas relacións entre o xa condenado e a falecida.

Agora será o alto tribunal galego quen dite unha nova sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade