Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilda e De La Fuente desmárcanse de Rubiales tras ovacionar efusivamente o seu discurso

Vilda e De La Fuente desmárcanse de Rubiales tras ovacionar efusivamente o seu discurso

Jorge Vilda lamenta o "comportamento impropio" de Rubiales, o dano ao éxito da selección feminina e condena o machismo

O adestrador da selección masculina desmarcouse do pensamento e da actitude "fóra de lugar" de Luis Rubiales

11 persoas do staff da selección feminina presentaron a súa dimisión

G24.gal 26/08/2023 17:50 Última actualización 26/08/2023 22:37

Continúa o sismo no seo interno da Federación Española de Fútbol.

O seleccionador do equipo feminino de fútbol, Jorge Vilda, lamenta este sábado nun comunicado o que define como un "comportamento impropio" do ata hoxe presidente da federación Española, Luis Rubiales, tras a consecución do Mundial. Incide en que a súa actuación abafou o maior éxito do equipo na súa historia despois de lograr o título contra Inglaterra.

“Lamento profundamente que a vitoria do fútbol feminino español se vira prexudicada polo comportamento impropio que noso ata o de agora máximo dirixente, Luís Rubiales, realizou e que el mesmo recoñeceu”, dixo o técnico nun comunicado remitido a EFE, despois de ovacionar efusivamente o discurso de Rubiales na asemblea do venres.

Ao seu xuízo, os "acontecementos" ocorridos desde a final do Mundial ata hoxe "foron un auténtico despropósito e xeraron unha situación inaudita, abafando un triunfo merecido das nosas xogadoras e do noso país".

"Non cabe dúbida de que é inaceptable e non reflicte en absoluto os principios e valores que defendo na miña vida, no deporte en xeral e no fútbol en particular. Condeno sen paliativos calquera actitude machista afastada dunha sociedade avanzada e desenvolvida", continúa o escrito.

En opinión de Vilda, nos últimos días "xerouse un clima de xeito evidente indesexable, afastado do que tería que ser unha gran celebración do deporte español e do deporte feminino".

Tamén sinala que estas reflexións xa as trasladou a Rubiales, a quen desde hoxe substitúelle de xeito interino o ata o de agora vicepresidente da RFEF Pedro Rocha. "O meu labor como seleccionador nacional feminino e director deportivo das seleccións femininas sempre estivo orientado a conseguir éxitos deportivos, pero tamén a promover iniciativas que fomentan a inclusión, o respecto e a equidade" engade Vilda.

Os dous seleccionadores, o feminino, Jorge Vilda e o masculino absoluto, Luís de la Fuente retráctanse agora do seu apoio con efusivos aplausos a Rubiales na Asemblea do venres.

Luis de la Fuente, un dos maiores apoios de Luis Rubiales na súa comparecencia, desmarcouse tamén da actitude e comportamento do presidente da Federación, agora sancionado, ao que calificou de "inadecuado" e "fóra de lugar". Engade que o comportamento non é propio dunha persoa que representa o fútbol español.

O técnico da Roja toma así distancia ante a próxima convocatoria para os partidos da absoluta en setembro.

“Os feitos protagonizados por Luís Rubiales non respectaron o mínimo protocolo que debe seguirse nestes actos de celebración, e non son edificantes nin apropiados para unha persoa que estaba a representar a todo o fútbol español. El mesmo recoñeceu publicamente o impropio do seu comportamento”, expuxo De la Fuente, nun comunicado.

Máis taxantes foron os membros e membras do staff de Jorge Vilda, que dimiten despois dos comportamentos onte mostrados.

No seu comunicado resalta a protesta na que os membros condenan que "unha parte feminina do staff viuse obrigada a sentar na primeira fila para que semellase que compartían o pensamento do presidente Luis Rubiales".

Entre estas 11 persoas que presentan a súa dimisión atópanse Montsé Tomé, segunda adestradora;  Javier Lerga, asistente técnico; Sonia Bermúdez, adestradora da Selección sub 19 feminina e moi criticada por aplaudir as verbas de Rubiales contra as súas ex compañeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade