Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivan a causa por supostas irregularidades nas contas de Democracia Ourensana

Arquivan a causa por supostas irregularidades nas contas de Democracia Ourensana

Jácome: "Eran acusaciones falsas para derrocarme"
 

G24.gal 05/11/2021 17:30

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, celebrou o arquivo da causa aberta contra o seu partido, Democracia Ourensana, por supostas irregularidades na xestión das contas e manifestou que “pon punto e final” ao “terremoto político” iniciado hai un ano contra el por parte dos edís díscolos "para tentar derrocarme".

Para Jácome, esta sentenza dá a razón ao que sempre manifestou, relativo a que “non tiña base” algunha ata o punto de que, segundo lembrou, “nin me chamaron a declarar” por este tema. A Audiencia Provincial de Ourense decretou o sobresemento provisional da causa sobre presuntas irregularidades nas contas de Democracia Ourensá ao revogar, como pedía o Ministerio Público, o auto ditado o 7 de xullo polo Xulgado de Instrución Número 3 de Ourense, no que reabría o caso porque consideraba que existían indicios de malversación de fondos.

Na resolución, entende que "non cabe, vía recurso de reforma, ampliar o obxecto do proceso penal, desprazalo do seu primitivo obxecto e introducir un novo". Para iso, considera necesaria a "interposición dunha nova denuncia na que se precisen as condutas anómalas ás que se atribúe transcendencia penal, o que non ocorre na presente denuncia". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade