Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivada a peza da Pokemon que investigaba un exalcalde socialista de Ourense

Arquivada a peza da Pokemon que investigaba un exalcalde socialista de Ourense

O xulgado ourensán considera que a instrución realizada por Pilar de Lara só mostra sospeitas ou indicios 

G24.gal 27/09/2022 18:13

O Xulgado de Instrución número dous de Ourense arquiva a investigación ao exalcalde de Ourense Francisco Rodríguez.

A xuíza Pilar de Lara acusábao dun suposto tráfico de influencias na adxudicación de varios contratos ou concesións que datan de 2012.

Entre os investigados figuraban, ademais do propio Francisco Rodríguez, o entón secretario da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro, o que fora delegado territorial de Aquagest en Galicia, Henry Laíño, e a parella deste.

Segundo a resolución ditada polo xulgado e facilitada por fontes xudiciais, non consta acreditado "ningún pago directo ou indirecto ao mesmo pola emisión de informes a favor, non constituíndo indicio delituoso determinante o aboamento de dúas viaxes por parte de Aquagest a Málaga e Barcelona, que se remontan a 2004" polo que procedeu ao arquivo provisional da causa.

A xuíza de Lugo Pilar de Lara, que perdeu a súa praza tras a sanción do CGPJ, fundamentou parte da macrocausa en escoitas telefónicas realizadas por vixilancia aduaneira.

Neste caso, o xulgado ourensán considera que a instrución realizada por de Lara "só alcanza a mostrar sospeitas ou indicios preliminares derivados" de escoitas telefónicas, elementos que "carecen de peso suficiente" para "a continuación da causa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos