Arenteiro-Valencia e Bergantiños-Raio, na Copa do Rei
Andorra-Celta, Lugo-Mirandés e Deportivo-Osasuna son os outros emparellamentos
A eliminatoria será a partido único
Arenteiro-Valencia, Bergantiños-Raio, Andorra-Celta, Deportivo-Osasuna e Lugo-Mirandés son os emparellamentos para a segunda rolda da Copa do Rei, tras o sorteo celebrado este venres na Cidade do Fútbol das Rozas (Madrid).
O partido mais mítico de toda a historia do Bergantiños foi unha eliminatoria de Copa contra ou Raio Vallecano en 1987 (3-2 perderon en Vallecas, 3-2 gañou ou Bergan en Carballo e Lucho fallou un penalti a 5 minutos do final logo na prorroga marcou ou Raio 2 goles)
O Real Madrid, o Barcelona, o Atlético de Madrid e o Athletic, que disputarán a Supercopa de España, non estiveron no sorteo ao quedar exentos de competir nas dúas primeiras roldas da Copa.