Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un autobús urbano en L'Hospitalet e o lume queima outros cinco vehículos

Arde un autobús urbano en L'Hospitalet e o lume queima outros cinco vehículos

No autobus viaxaban o condutor e unha pasaxeira; puideron saír do vehículo ilesos

No incendio tamén ardeu un semáforo

Imaxe do incendio do autobús en Hospitalet. Foto publicada por @bomberscat na súa conta de X Imaxe do incendio do autobús en Hospitalet. Foto publicada por @bomberscat na súa conta de X
G24.gal 03/05/2025 12:01

Un autobús da rede pública de transporte ardeu onte á noite en L'Hospitalet de Llobregat, Barcelona, e o lume afectou a outros cinco vehículos e a un semáforo.

Os Bombeiros da Generalitat informaron de que no momento en que se declarou o incendio no autobús viaxaban o condutor e unha pasaxeira, que puideron saír do vehículo ilesos.

O lume declarouse ás 23:45 horas, por causas que se descoñecen, cando o vehículo circulaba pola travesía Industrial, esquina coa avenida de Europa, a onde se desprazaron seis vehículos dos bombeiros.

A intensidade do incendio fixo que o lume alcanzase outros cinco vehículos e un semáforo da vía pública.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade