Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde na Guarda unha nave con material de construción

Arde na Guarda unha nave con material de construción

Non se rexistraron feridos, pero si numerosos danos materiais

G24.gal 24/03/2022 12:45

Un incendio rexistrado este mércores nunha nave de material de construción na Guarda rematou con danos materiais, aínda que sen feridos, segundo informou o 112 Galicia.  

Os efectivos de extinción traballaron no sinistro desde as 20:00 horas e as lapas afectaron a planta baixa, ademais do entrechán, onde se sitúan as oficinas da empresa.

Ao rexistrarse o lume fóra do horario laboral, ninguén resultou ferido. Segundo trasladou Emerxencias, as lapas calcinaron varios bidóns de aceite hidráulico e combustible na planta baixa, mentres que as oficinas da entreplanta sufriron danos polo fume e o lume.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade