Publicador de contidos

Publicador de contidos

Araqchí reúnese coa cúpula militar e de seguridade paquistaní en Islamabad

Araqchí reúnese coa cúpula militar e de seguridade paquistaní en Islamabad

A xuntanza celébrase o mesmo día no que Trump envía aos país os seus negociadores de paz con Teherán

A República Islámica desminte que se vaia producir un encontro cara a cara este sábado

directo Araqchi co xefe do Exército. REUTERS/Seyed Abbas Araghchi vía Telegram
G24.gal 25/04/2026 08:50 Última actualización 25/04/2026 10:17

O ministro de Exteriores de Irán, Abás Araqchí, reuniuse este sábado co xefe das Forzas de Defensa de Paquistán e principal mediador no conflito entre os Estados Unidos e a República Islámica, Asim Munir.

No encontro participaron tamén o asesor de seguridade nacional e xefe do servizo de Intelixencia do Exército paquistaní, Asim Malik; o ministro do Interior do país anfitrión, Mohsin Naqvi, e o viceministro de Exteriores de Irán, Kazem Garibabadi.

Do mesmo xeito, asistiron o embaixador de Irán en Islamabad, Alireza Amiri Moghaddam; e o portavoz do Ministerio de Exteriores iraniano, Ismail Bagaei. Polo momento, non se informou do contido do encontro.

Araqchí chegou a pasada noite a Islamabad co único obxectivo declarado de reunirse coa cúpula civil e militar de Paquistán, unha viaxe que coincide co anuncio dos EUA do inminente envío dunha delegación para intentar desbloquear as negociacións de paz.

Segundo informou este venres o Ministerio de Exteriores de Paquistán nun comunicado, Araqchí manterá encontros ao máis alto nivel para discutir "os últimos acontecementos rexionais, así como os esforzos en curso para a paz e a estabilidade" na zona.

Imaxe xeral da xuntanza. REUTERS/Seyed Abbas Araghchi vía Telegram Imaxe xeral da xuntanza. REUTERS/Seyed Abbas Araghchi vía Telegram

Delegación estadounidense

Case ao tempo, Washington anunciou que este sábado partirían a Islamabad os enviados especiais do presidente Donald Trump para estas negociacións, o seu xenro Jared Kushner e Steve Witkoff.

A Casa Branca asegura que Irán solicitou retomar as negociacións presenciais, pero Teherán sostén que esa xuntanza non se producirá polo menos hoxe por hoxe. De feito, Araqchi ten previsto continuar viaxe cara a Omán e logo a Moscova.

En calquera caso, a súa presenza en Islamabad é un avance no contexto das negociacións de paz, que quedaron en suspenso o pasado mércores ante a negativa iraniana de viaxar á capital paquistaní.

A República Islámica esixía que os Estados Unidos eliminasen as súas restricións á navegación comercial persa e o bloqueo aos seus portos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade