Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ao Compos escápalle o triunfo diante do Adarve no último segundo

Ao Compos escápalle o triunfo diante do Adarve no último segundo

O equipo galego foi sempre por diante no marcador, pero acabou concedendo un empate (2-2)

G24.gal 03/04/2022 14:10

Un minuto. Foi o que lle faltou ao Compostela para levar o triunfo do campo do líder, o Unión Adarve. E 6 minutos foron os que precisou para tomar vantaxe, cun golazo de Roberto Baleato. O seu excelente disparo desde fóra da área tivo réplica axiña cunha ocasión de Portero, na que Pato apareceu cunha soberbia parada. Nada pudo facer o mete uruguaio os 25 minutos, logo dunha inocente perda de balón do Compos. Montejo definiu cun disparo colocado.

Superado o cuarto de hora do segundo tempo volveu á carga o equipo de Rodri Veiga. Non perdan a fantástica xogada de Jordan Domínguez para agasallarlle o gol a Escudero. Mandaba de novo o Compostela pero os triunfos no campo do Unión Adarve hai que sualos ata o final.

Co tempo cumprido o equipo madrileño enviou o balón ao poste e na no 93 a súa insistencia tivo premio. Dani Ramos, coa testa, ubicou o coiro na rede e con el deixou sen loitados tres puntos ao equipo santiagués. A decepción, malia o bo partido, era evidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar