Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Antonio Resines, ingresado na UCI por covid
Non está intubado, pero si precisa osíxeno
            
                            G24.gal
                        
                            23/12/2021 10:09
                        
                        
                        
                        
                    
                    O actor Antonio Resines está ingresado na UCI por coronavirus. Entrou onte na unidade de coidados intensivos do Hospital Gregorio Marañón e atópase estable, segundo adianta o xornal ABC.
Non está intubado, pero si precisa osíxeno. Resines ten 67 anos e está vacinado coa pauta completa. Tamén puxera xa a dose de reforzo.