Antonio Hidalgo, novo adestrador do Deportivo: "Quero levalo a onde merece estar"
O catalán asina por unha temporada con opción a outra
"Gústanme os equipos con ordenados e equilibrados" declarou o técnico no seu primeiro día de traballo como adestrador deportivista
Antonio Hidalgo é o adestrador do Deportivo para a próxima temporada, con opción de ampliación por unha campaña máis.
Hidalgo destaca pola súa capacidade para construír equipos sólidos e ordenados. Na temporada 2023-24, o seu traballo á fronte do Huesca converteu o equipo no menos goleado da categoría e o máis eficaz en accións a balón parado.
O novo técnico deportivista destaca tamén por optimizar o rendemento dos cadros, como deixou patente na súa etapa no Huesca. Sen ir máis lonxe, esta última temporada asinou unha serie de 14 partidos consecutivos sen coñecer a derrota co club oscense.
Antonio Hidalgo comparecerá este mércores, ás 11:00 horas, ante os medios de comunicación na sala de prensa do estadio de Riazor.