Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo agarda entre catro e seis incorporacións para completar o Dépor

Antonio Hidalgo agarda entre catro e seis incorporacións para completar o Dépor

Confirmou o interese por Quagliata e aproveitará a xira inglesa para resolver dúbidas como as de Diego Gómez, Rubén López ou Luis Chacón

G24.gal 29/07/2025 11:10

Un central, un lateral esquerdo (Quagliata), un ou dous centrocampistas e un ou dous dianteiros. Son os obxectivos no mercado para un Deportivo que marcha cara a Inglaterra, onde Antonio Hidalgo comezará a resolver outras dúbidas que ten para a conformación do cadro definitivo.

Xogadores como Diego Gómez, Rubén López, Patiño ou Luis Chacón teñen que amosarse para ver si quedan no cadro de xogadores do conxunto coruñés para a campaña 25-26. Outros como Mfulu e Davo teñen a porta pechada aínda que seguen a adestrarse ao máximo nivel agardando por un destino final neste mercado de verán. 

O Deportivo viaxa cara a Inglaterra, onde disputará dous amigables contra equipos da segunda categoría: o Watford e o Middlesbrough. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade