Antón de Vicente: "Isto son dinámicas e nós temos que aproveitar o noso bo momento"
O capitán do Coruxo atendeu ao Galicia en goles tras a goleada en Salamanca

O Coruxo segue de doce. Este domingo mallou claramente no Helmántico ao Salamanca e xa se atopa preto dos postos que dan acceso á promoción de ascenso a 1ª RFEF. E, tras pasar moito tempo na zona baixa, no equipo queren máis. Así se reflicte nas palabras do capitán Antón de Vicente no Galicia en goles.
"Estamos nun momento de forma moi bo que hai que aproveitar, porque isto son dinámicas e nós estamos alongando a nosa. Estamos lonxe do descenso e estamos a un pasiño do playoff, hai que tentalo. Sabiamos que se aguantabamos os primeiros minutos, coa presión que teñen eles, poderíamos aproveitalo. A partir do minuto 25 o partido estivo máis para nós. A partir de aí o dominio foi noso e incluso puidemos marcar máis goles".