Cargando resultados...
Antón de Vicente "É unha derrota dura porque no descanso podiamos ir tres a cero"
O capitán coruxita non se explica o traspé ante o Burgos Promesas

G24.gal
30/10/2022 14:36
Tras un gran primeiro tempo, onde o Coruxo foi netamente superior ao seu rival, todo o castelo de naipes esborrallouse no tempo de recomezo, coa remontada burgalesa que analizou o vigués Antón de Vicente.
"É unha derrota moi dura e dolorosa. No descanso podiamos ir tres a cero. Tivemos situacións claras de gol dentro da area. No segundo, outra vez máis, baixamos. Non sei porqué, pero baixamos. Un erro a balón parado que non sei explicar, pero é a segunda vez que nos pasa. Logo cando xe puxeron por diante, non soubemos manter a calma. Pasamos de dominar a ser dominados. Hai que traballalo".